Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB: resultados e clasificacións

As Fases Finais das Ligas FGB Minibasket e Preminibasket celebraron este sábado e domingo, sete e oito de xuño; en Santiago de Compostela toda unha festa do basket que nos deu a coñecer o nome de catro nos campións galegos nesta temporada 2013 – 2014: Apostol Santiago (Preminibasket Feminino), Bosco Salesianos (Preminibasket Masculino), C.B. Arxil (Minibasket Feminino) e Marín Peixegalego (Minibasket Masculino).

O Pavillón de Restollal acolleu a un total de 20 equipos (12 minibasket e 8 preminibasket) que ofreceron o mellor de sí ao longo de dúas intensas xornadas de baloncesto. Salientar a ledicia vivida na entrega final de trofeos na que participaron o Presidente FGB, Francisco Martín; o Presidente de Honra FGB; Paco García; e a representante de “la Caixa”, María Jesús García Piñeiro.

Galería de Imaxes: Campións Ligas FGB 2013 – 2014

Nos documentos que se achegan remitimos o cadro completo de resultados colleitados en ambas as Fases Finais, minibasket e preminibasket (8 de xuño). Así mesmo, a continuación, detallamos as clasificacións finais de cada unha das Ligas: 

Liga FGB Minibasket Feminina

Campión: C.B. Arxil

Subcampión: La Academia Celta

3º clasificado: Seis do Nadal

4º clasificado: Peleteiro

5º clasificado: Pontumio

6º clasificado: Calasancias

 

Liga FGB Minibasket Masculina

Campión: Marín Peixegalego

Subcampión: Bosco Salesianos

3º clasificado: PBB “A”

4º clasificado: Estudiantes Lugo

5º clasificado: Coreti Etiquetas

6º clasificado: Basquet Coruña

 

Liga FGB Preminibasket Feminina

Campión: Apóstol Santiago

Subcampión: Peleteiro

3º clasificado: Vilagarcía VBCUP

4º clasificado: C.B. Cluny

 

Liga FGB Preminibasket Masculina

Campión: Bosco Salesianos

Subcampión: Peleteiro Blanco

3º clasificado: Básquet Coruña 04

4º clasificado: C.B. Vilagarcía 05

Fase Final Liga FGB Minibasket: 07/06/14
Fase Final Liga FGB Minibasket e Preminibasket: 08/06/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram