Fases Finais FGB Minibasket e Preminibasket: calendario e colexiados participantes

A Fase definitiva das Ligas FGB de Minibasket e Preminibasket chegan esta fin de semana (30 e 31 de maio) ao Concello de A Estrada. Os 32 equipos clasificados reuniranse no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro para a disputa do campionato galego de cada categoría e farano dende unha xa competida rolda de cuartos de final.

O total de clubs participantes que se concentrarán na vila de A Estrada, así como o calendario de cada liga, realizado na tarde deste luns, 25 de maio; nas dependencias da Federación Galega de Baloncesto, poden consultarse a continuación:

Preminibasket Feminina FGB: Seis do Nadal, Coreti Culleredo, Peleteiro Azul, C.B. Allariz, Pontumio Ivográficas, C.B. Arxil, Franciscanos Verde e La Academia Celta.

Preminibasket Masculina FGB: Bosco Salesianos “Blanco”, Vista Óptica Narón Basket School, Coreti Culleredo, Peleteiro “Azul”, Giraldo CB 05, C.B. Burela, Novobasket Amarillo e C.B. Allariz.

Minibasket Feminina FGB: La Academia Celta, Pontumio Futbolin, Universitario Ferrol “A”, Peleteiro, PIO XXII Fedesa, Calasancias, Seis do Nadal e Giraldo CB 03

Minibasket Masculina FGB: PIO XII Rosalía, Bosco Salesianos “Amarillo”, Novobasket Amarillo, Academia “Cops” Basket School, Jesuitinas, Blanco Amor EDO, Peleteiro “A” e Estudiantes Lugo Leyma Natura.

Presencia Arbitral
O peche de temporada para as categorías Minibasket e Preminibasket contará tamén cunha ampla representación do Comité Galego de Árbitros. A entidade arbitral oficial agrupará en A Estrada a 39 colexiados adscritos as súas diferentes categorías.

O propio Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez; encabezará o completo bloque de árbitros designados para a ocasión. Non faltarán tampouco nesta cita cos xogadores e xogadoras máis novos os colexiados ACB, Carlos Cortés (Internacional FIBA) e Jacobo Rial; así como compañeiros de Grupo 1 FEB, Grupo 2 FEB, Grupos 1 e 2 CGAB, Sub 23 e ámbito Zonal.

A identidade de todos eles pode consultarse no documento que se achega.

Fase Final PreMinibasket FGB. A Estrada: Calendario
Fase Final Minibasket e Preminibasket. A Estrada: colexiados CGAB
Fase Final Minibasket FGB. A Estrada: Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram