Fases Finais dos Campionatos de España de clubs: 13 prazas para Galicia

A FGB comunica a cifra oficial de prazas que lle corresponden para a participación dos equipos galegos nas Fases Finais dos Campionatos de España de Clubs Júnior, Infantil e Cadete na presente temporada 2015 – 2016.

A distribución definitiva, outorgada esta en función da normativa FEB e o ranking xeral do número de licenzas, establece un total de 13 prazas galegas ubicadas baixo a seguinte fórmula:

Campionato de España de Clubs Júnior Masculino: 2 

(Guadalajara, do 1 ao 7 de maio)

Campionato de España de Clubs Júnior Feminino: 2

(San Sebastián, Irún, Tolosa e Azpeitia, do 8 ao 14 de maio)

Campionato de España de Clubs Cadete Masculino: 2

(Seu de Urgell, do 22 ao 28 de maio)

Campionato de España de Clubs Cadete Feminino: 2

(Zaragoza, do 22 ao 28 de maio)

Campionato de España de Clubs Infantil Feminino: 3

(Porriño e Tui, do 12 ao 18 de xuño)

Campionato de España de Clubs Infantil Masculino: 2 (un 3º equipo galego cubriría a 1º vacante, de existir esta)

(Lugo e Sarria, do 12 ao 18 de xuño)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram