A Federación Galega de Baloncesto comunica, unha vez pechado o prazo de recepción de solicitudes de organización e avaliadas estas polo Comité de Actividades FGB, as sedes das Fases Finais de Copa Galicia en categoría Júnior e Minibasket, tanto Masculina como Feminina, citas que se celebran esta mesma fin de semana.
O mapa das indicadas fases finais queda como segue:
Júnior Masculina
Organiza: C.B. PEIXEGALEGO -MARIN.
27/10/13. Pavillón A Raña
(convidará ao xantar aos catro equipos participantes)
Júnior Feminina
Organiza: FEDERACIÓN GALEGA BALONCESTO.
27/10/13. Pavillón Navia (Vigo)
(abonarán os gastos entre os catro equipos participantes)
Minibasket Masculina
Organiza: C.B. PEIXEGALEGO-MARIN.
26/10/13. Pavillón A Raña
Minibasket Feminino
Organiza: C.B. ARXIL
27/10/13. Pavillón Maxisterio (Pontevedra)
O calendario destas catro Fases Finais pode consultarse nos documentos que se achegan.
Fase Final Copa Galicia Júnior
Fase Final Copa Galicia Minibasket