Fases Finais A4 Júnior FGB: Calendario

Confirmados os equipos que tomarán parte nas Fases Finais das Ligas FGB Júnior, así como os seus horarios concretos e datas.

Remata a Liga regular e con toda a atención de ambas as competicións centrada agora nesta fin de semana (25 e 26 de abril), os oito equipos que disputarán unha praza nos Campionatos de España Júnior, tanto masculino como feminino, son:

Júnior Masculina (A Coruña – 25/04/15): Sant-Yago (2º), Básquet Coruña (3º), Instituto Rosalía (4º) e Santo Domingo de Betanzos (5º).

Júnior Feminino (Santiago de Compostela- 26/04/15): Peleteiro (2º), Maristas Coruña (3º), Caixa Rural Ensino (4º) e Carmelitas Caldaria (5º).

Repartindo o xogo o sábado 25 para a categoría masculina e o domingo 26 para a feminina, os seus calendarios, os cales achegamos en forma de documento, deixan distribuídas dúas xornadas completas para desfrutar do Baloncesto. Todo, grazas á organización dos dous anfitrións implicados en cada fase: Sant- Yago e Peleteiro.

Fase Final A4 Júnior Masculino FGB: 25/04/15
Fase Final A4 Júnior Feminino FGB: 26/04/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram