Fases Finais: A 1 División Masculina busca campión

A máxima competición FGB en categoría masculina chega ao seu punto álxido.  Os tres mellores equipos de cada grupo A en Liga Regular teñen agora ante si a cita definitiva na busca do título e da dobre praza de ascenso a Liga EBA.

Será unha competición, a desta fase final, dividida en dúas fines de semana e que contará coa organización de CB Culleredo con sede no Pavillón O Burgo.

O calendario para esta cita déixanos un total de seis partidos, celebrándose unha dobre xornada previa (15/04/23) na que definir as cruces para a loita polo título. Entran en xogo como protagonistas: Club Baloncesto Cambre, Sigaltec, Obradoiro USC, Syngenta Seis do Nadal, Estudiantes Lugo Rio de Galicia e o anfitrión, Traumacor Culleredo.

Fase Final – Previa

15/04/23 – Xornada 1

(10:00 h) Club Baloncesto Cambre  Sigaltec (X)

(12:00 h) Obradoiro USC – Syngenta Seis do Nadal (Y)

15/04/23 – Xornada 2

(17:00 h) Estudiantes Lugo Río de Galicia – Gañador X

(19:30 h) Traumacor Culleredo – Gañador Y

Fase Final –  Xornada Definitiva ­

22/04/2023

(17:00 h) 3 – 4  Posto EN DIRECTO VÍA FEGABA TV

(19:30 h) 1 – 2 Posto  EN DIRECTO VÍA FEGABA TV

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram