Fases Finais 1º División FGB: a categoría Júnior abre a etapa decisiva da temporada

A temporada entra de cheo na súa recta final. Faino coa celebración das primeiras Fases Finais das Ligas de 1º División FGB.

Con Cafés Candelas Ensino en Feminino, e Obradoiro Peleteiro en masculino xa coroados como Campións e coa praza no Campionato de España xa no seu poder, entra en xogo a disputa por un subcampionato que outorgará unha praza máis no nacional en cada caso. Buscan este premio os clasificados entre o 2º e 5º posto nas Ligas Regulares.

A competición repartirase en dúas datas, sábado 15 e domingo 16 de abril; contando coa retransmisión en directo do total dos encontros a través de FEGABA TV.

Fase Final Júnior Feminina

Organiza: CB Bosco

Sede: Pavillón de Navia.

15/04/23

(18:00 h) Celta Zorka Recalvi – El Claves 2.0 BBCA

(20:00 h) Institutos de Compostela – Carmelitas Ourense

16/04/23

(19:00 h) Gañador X – Gañador Y

Fase Final Júnior Masculina

Organiza: Ensino CB

Sede: Pavillón Seminario Menor

15/04/23

(18:00 h) Cafés Candelas Ensino – Estudiantes Lugo Río de Galicia

(20:00 h) Institutos de Compostela – Bosco Salesianos

16/04/23

(18:00 h) Gañador X – Gañador Y

En ambas fases pone en xogo unha praza no Campionato de España de Clubs da categoría, a celebrar, tanto en masculino como en feminino, na localidade de Huelva entre o 1 e o 7 de maio. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram