Novos equipos para as 1º Divisións Júnior, Cadete e Infantil

As Fases de Ascenso a 1º División Junior, Cadete e Infantil pecharon este domingo, 8 de novembro; a súa rolda previa. Tras esta, coñecemos xa a identidade dos novos equipos ascendidos por clasificación, así como aqueles que buscarán tamén esa recompensa pero na rolda final, a celebrar este sábado e domingo, 14 e 15 de novembro; en Santiago de Compostela (Pavillón de Fontiñas, a porta pechada)

A continuación remitimos os equipos xa ascendidos oficialmente a 1º División, así como o calendario da fase final para os restantes equipos que buscarán as novas prazas de ascenso en xogo para tres categorías: Júnior Feminino, Júnior Masculino e Cadete

1º División Infantil Femenino
As 5 prazas de ascenso para esta categoría pertencen xa a: Salesianos Vigo, Basquet Coruña Leyma, Montrove, BAXI Ferrol e Milar Cayro Cambados.
Non será preciso desputar Fase Final.

1º División Infantil Masculino
As 8 prazas de ascenso para esta categoría pertencen xa a: SGP Estudiantes Pontevedra, Tirso de Molina Copasan, KFC Costa Ártabra, Aringal Basket School, SD TUI Mascato , Frigomar Burela, Academia Proxecto Depordima e Seis do Nadal – Coia.
Non será preciso desputar Fase Final.

1º División Cadete Feminino
As 4 prazas de ascenso para esta categoría pertencen xa a: Balpersa Volvo Carmelitas, Academia A Mariña Burela, Colexio Mariano e Basquet Coruña Leyma C.
Non será preciso desputar Fase Final.

1º División Cadete Masculino
Esta categoría ten xa 4 novos equipos tras a fase previa: AX Sagrado Corazón, PBB “A”, Tirso de Molina Copasan e Grupo Roslev Marín Peixegalego.
Resta por coñecer una última praza de ascenso a cal se porá en xogo na Fase Final.

1º División Júnior Feminina
Esta categoría ten xa 2 novos equipos tras a fase previa: Maristas Coruña e PBB “A”.
Resta por coñecer una última praza de ascenso a cal se porá en xogo na Fase Final.

1º División Júnior Masculino
As tres prazas de ascenso postas en xogo para esta categoría decidiranse ao completo na Fase Final.

Ascenso a 1º División – Calendario Fase Final: 14 e 15/11/20

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram