Fases Clasificatorias Infantil, Cadete e Júnior: calendario e sedes

As Fases Previas das Ligas Júnior Masculina, Cadete e Infantil xa dispoñen dos datos completos para a celebración da súa rolda final esta fin de semana, os días seis e sete de setembro.

Coa posibilidade de acceder ás Ligas de 1º División en xogo, os equipos participantes concentraranse nas localidades de Santiago de Compostela e Vilagarcía para disputar os encontros estipulados.

No documento que se achega detallamos o calendario e sede que comprende cada categoría, así como o número de prazas en xogo en cada caso. 

Lembrar que tras esta fase previa, as Ligas Regulares de 1º División comezarán a coller forma cos sorteos de calendario marcados para o 29 de setembro en caso Cadete e Júnior e para o 6 de outubro en categoría infantil.

Fases Clasificatorias Infantil, Cadete e Júnior: Horarios.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram