Compostela volve a ser escenario para as roldas clasificatorias á 1º División FGB.
As dúas categorías que restan por poñer en xogo os seus ascensos vivirán na capital galega o desenlace das súas Fases Previas. Son a cadete femenina e a infantil masculina, nas que se compite por unha e dúas prazas de ascenso, respectivamente.
Os pavillóns de Fontiñas e Lorenzo de La Torre serán sede dos seguintes enfrontamentos:
Fase Final Cadete Feminina – Pavillón Lorenzo de la Torre
(1 praza de ascenso en xogo)
(S1) (10:00 h) CAB Pontevedra – Traumacor Culleredo
(S2) (12:00 h) Maristas Coruña – Salesianos Vigo “A”
(18:00 h) Gañador Semifinal 1 – Gañador Semifinal 2
Fase Final Infantil Masculina – Pavillón Fontiñas
(2 prazas de ascenso en xogo)
(16:00 h) Seis do Nadal Coia – Costa Ártabra
(18:00 h) EDO Blanco Amor – Estudiantes Lugo Río de Galicia