Universitario Campus Ourense, campión galego autonómico feminino; xunto ao seu subcampión, C.B. Arxil; afrontan a partir deste venres, 16 de maio; a Fase de Ascenso a 1º División Nacional Feminina.
Os dous equipos galegos comparecen nesta competición na busca da única praza en 1º División Nacional Feminina que se porá en xogo. Establecidos en grupos diferentes de xogo, estarán acompañados por os respectivos campións e subcampións Asturianos: Fodeba e GD Bosco; e Cántabros: Calasanz e Grupo Tirso.
A Federación do Principado de Asturias é a encargada de auspiciar esta Fase de ascenso, escollendo para a súa disputa o Pavillón Soto del Barco, na localidade do mesmo nome.
Nesta sede xogarase a sorte dos nosos dous representantes, a cuxos resultados permaneceremos atentos. En primeira instancia, no documento que se achega, trasladamos os que serán o seus horarios de xogo e emparellamentos segundo grupos.
16/05/14 – Xornada 1
Grupo A1
(18:00 h) Fodeba – Grupo Tirso (37 – 47)
Descansa – Universitario Campus Ourense
Grupo A2
(20:00 h) Arxil Mafari Cafe – GD Bosco (60 – 36)
Descansa – Calasanz
17/05/14 – Xornada 2
Grupo A1
(10:30 h) Grupo Tirso – Universitario Campus Ourense (49 – 47)
Descansa – Fodeba
Grupo A2
(12:30 h) Calasanz – Arxil Mafari Cafe (56 – 59)
Descansa – GD Bosco
17/05/14 – Xornada 3
Grupo A1
(18:00 h) Universitario Campus Ourense – Fodeba (49 – 40)
Descansa – Grupo Tirso
Grupo A2
(20:00 h) GD Bosco – Calasanz (34 – 51)
Descansa – Arxil Mafari
18/05/14
(12:30 h) Grupo Tirso – C.B. Arxil (Campión Grupo A1 – Campión Grupo A2) (68 – 65)
(10:30 h) Universitario Campus Ourense – Calasanz (2º Grupo A1 – 2º Grupo A2) (34 – 58)