Fase Final XXVII Copa Galicia Sénior Masculina: Designacións Arbitrais

A medida que se achega a hora de dar comezo á Fase Final da XXVII edición da Copa Galicia Sénior Masculina vanse coñecendo todos os detalles que formarán parte desta primeira gran cita oficial da temporada para os catro equipos galegos de maior categoría: Obradoiro CAB, C.B. Breogán, Club Ourense Baloncesto e Básquet Coruña.

Nesta liña, o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto fai públicas as designacións para os tres encontros da Fase: semifinais e final. A continuación indicamos as mesmas:

Designacións Arbitrais Fase Final XXVII Copa Galicia Sénior Masculina

14/09/12: Semifinais

(18.30 h) Obradoiro CAB – C.B. Breogán

Árbitro Principal: Jacobo Rial / Árbitro Auxiliar: Cristian Martín / Árbitro Auxiliar: Fran Huete.

(21.00 h) C.O.B – Básquet Coruña

Árbitro Principal: Daniel Pazos / Árbitro Auxiliar: Luis Estévez

15/09/12: Final (20.00 h)

Árbitro Principal: Jacobo Rial / Árbitro Auxiliar: Daniel Pazos / Árbitro Auxiliar: Cristian Martín

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram