Universitario Ferrol e Durán Maquinaria Ensino reeditarán este sábado, 11 de outubro, unha final de Copa Galicia Sénior Feminina que xa os enfrontou na súa pasada edición. Os equipos de Ferrol e Lugo buscarán de novo unha Copa que en ambos casos so conqueriron nunha ocasión e que se presenta como un gran aliciente.
A final, que se disputa a partir das 19:30 h deste sábado no Pavillón de Esteiro, viu debuxada por dous encontros de semifinais propios do inicio de temporada e nos que os locais e as lucenses souberon impoñer o seu criterio. Consulta aquí os seus resultados e estatísticas:
10/10/14 – Pavillón de Esteiro (Ferrol). Semifinais
(18:30 h) DURÁN MAQUINARIA ENSINO – C.B. ARXIL
(14-17, 17-19, 22-13, 26-18) (79 – 67)
Árbitro 1: Domínguez Portas, Diego. Árbitro 2: Lema Parga, Paula
Durán Maquinaria Ensino fíxoo seu un encontro que tivo que buscar e traballar dende a defensa, un partido que non estivo exento de loita e que tivo que dar un xiro, estando na primeira metade en mans Pontevedresas.
O equipo de Pepe Vázquez precisou do descanso para empezar a clarificar ideas e a poñer en circulación o balón baixo o seu ditado. Máis axustado en defensa comezou no terceiro cuarto unha precisa e ampla escalada no marcador que, a pesares dos intentos das de Maite Méndez -que pecaron de falla de serenidade nalgúns intres- soubo xestionar con comodidade e sen présa nos últimos minutos. Ao remate 13 puntos de vantaxe ditaminaron o trunfo. (79 – 67)
(20:30 h) UNIVERSITARIO FERROL – RC CELTA SELMARK
(17-10, 25-9, 12-11, 15 -11) (69 – 41)
Árbitro 1: Martin Vázquez, Cristian. Árbitro 2: García Fernández, Cristina.
Contundente vitoria de Universtario na segunda semifinal, un encontro marcado pola intensidade e o ritmo ben vivo. O equipo anfitrión soubo facer ver a súa diferenza dende o minuto cero ante un Celta que, nesta ocasión, estivo baixo as ordes de Nacho Silva.
As de Lino López marcaron as distancias no electrónico dende o principio, amosando un punto máis de forza ante un Celta moi novo e que deixou toques da calidade das súas xogadoras. As vantaxes de Universitario foron claras, tanto en xogo como en números, deixando o encontro case sentenciado no tempo de descanso. A clave estivo no devir do segundo cuarto, intre no que as locais estableceron a barreira dos dez puntos de diferenza (21 – 10, aos dous minutos da renovación do xogo). Esta foi unha cifra insalvable que foi medrando a medida que se consumían os minutos. O parcial deste segundo cuarto (25 – 9) falaba por si só.
Os dous últimos cuartos rexistraron un maior número de imprecisións e erros no acerto en ambas bandas, coas viguesas probando opcións de xogo coas que opoñer resistencia. Pero a dinámica superior establecida xa polas xogadoras da casa seguiu vixente, sumando puntos para o seu peto.
Ao remate (69 – 41), Universitario Ferrol felicitábase polo seu pase á final e por poder optar, por segundo ano consecutivo, á que sería a súa segunda Copa Galicia na súa propia pista.
Durán Maquinaria Ensino – C.B. Arxil: Estatística Descanso.
Durán Maquinaria Ensino – C.B. Arxil: Estatística Final (79 – 67)
Universitario Ferrol – RC Celta Selmark. Estatística Descanso.
Universitario Ferrol – RC Celta Selmark. Estatística Final (69 – 41).