Fase Final do XLIII Campionato de España Júnior Masculino: Calendario

Remitimos, a continuación, o resultado do sorteo do XLII Campionato de España de Clubs Júnior Masculino, a celebrar nas localidades galegas de Marín e Pontevedra entre o catro e o dez de maio, e que contará coa presenza de Estudiantes Lugo (Campión Liga FGB), Marín Peixegalego (Subcampión Liga FGB) e Básquet Coruña (3º Liga FGB) representando ao Baloncesto Galego.

(info: FEB) O Instituto Illa de Tambo de Marín serviu esta maña de sede para o sorteo do XLII Campionato de España Júnior Masculino, que se disputará na localidade pontevedresa de Marín, co apoio de Pontevedra, do 4 ao 10 de maio. Tomarán parte os mellores 32 equipos júnior desta temporada, distribuídos en 8 grupos de catro cada un nos que os dous primeiros clasificaranse para os oitavos de final. O acto de presentación contou cun padriñoo de excepción, o ex xogador internacional Alberto Angulo, actual xefe de canteira do Real Madrid.

O Campionato terá como sede principal o Pavillón da Raña pero utilizará como sedes auxiliares o pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e o pavillón do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra.

Grupos de xogo

GRUPO A: FC Barcelona, CB Academy Orange, CAI Zaragoza e C Melilla B.

GRUPO B: Joventut Badalona, CB Marín Peixegalego, Instaladora 2001 La Salle Palma e EM Piélagos.

GRUPO C. Fundación 5+11, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Adarsa Fundación Baloncesto Valladolid e San Cernín BNC.

GRUPO D: UCAN CB Murcia 96, Cajasol, Gran Canaria e Inmobiliaria Palmer.

GRUPO E: Catalana Occident Manresa, Basquet Coruña, Espacio Torrelodones e Myrtia Baloncesto Murcia. 

GRUPO F: Real Madrid, Valencia BCA, C. Leones Fundación Baloncesto León e EBG Málaga Unicaja.

GRUPO G: Unicaja, Picken Claret A, Unamuno e CDE Albalcete Basket. 

GRUPO H: Tuenti Móvil Estudiantes, CB Academy Black, C.B. Navia e San Antonio Cáceres. 

XLIII Campionato de España Júnior Masculino: Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram