Fase Final 1 División Masculina: Obradoiro CAB, Campión Galego

Dúas xornadas para coñecer ao Campión da 1 División Masculina FGB 2021 – 2022. Este sábado, 23 de abril; e o vindeiro día 30; son as datas marcadas para dilucidar o título de Liga para esta competición, e para conceder outra gran recompensa deportiva á temporada: 2 prazas de ascenso á Liga EBA.

Distribuíndo a Fase Final en Fase Previa e nunha decisiva xornada final, en competición disfrutaremos dende a rolda inicial dos equipos clasificados nos postos 1º a 3º dos grupos A-1 e A-2 da Liga Regular. Veranse as caras baixo un calendario que dá vantaxe aos dous primeiros clasificados, Seis do Nadal e EDM Estradense, que agardarán rival tras un cruce previo dos restantes contendentes. O calendario completo que afrontarán faranos desfrutar dos seguintes encontros: FASE FINAL 1 División Masculina 2021 – 2022

Organiza: EDM A Estrada 

Pavillón Manuel Coto Ferreiro (A Estrada) 

23/04/22

(10:30 h) Estudiantes Lugo Río de Galicia – Calvo Basket Xiria (A) (87 – 91)

(12:30 h) Obradoiro USC – Sigaltec (B) (85 – 66)

(18:00 h) Syngenta Seis do Nadal –  Calvo Basket Xiria (72 – 86)

(20:00 h) Madeiras Tamar EDM A Estrada – Obradoiro USC (58 – 73)

30/04/22  – EN DIRECTO VÍA FEGABA TV

(15:45 h) 3º – 4º Posto: Syngenta Seis do Nadal – Madeiras Tamar EDM A Estrada (62 – 71)

(20:00 h) FINAL:  Calvo Basket Xiria  – Obradoiro USC (65 – 74)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram