A Fase FINAL A4 da 1ª División Femenina xa coñece todos os seus detalles: sede, datas e enfrontamentos. Esta rolda definitiva da competición na que toman parte as federacións autonómicas de Asturias, Cantabria, Castilla León e Galicia, celebrarase esta mesma fin de semana, os días cinco, seis e sete de maio; baixo a organización de Maristas Coruña.
O club herculino acollerá na súa casa unha cita na que se poñen en xogo dúas prazas para a Fase Final 1º División Feminina – Ascenso a Liga Feminina 2. En liza estarán: Universidade de Salamanca, Ascensores Tresa, Unami CP e as propias anfitrioas de Maristas Coruña.
Os catro equipos buscarán este premio dobre baixo o seguinte calendario:
05/05/17
Maristas Coruña – Universidade de Salamanca (Hora:18:00)
Campo: Riazor Polideportiva
Ascensores Tresa – UNAMI C.P (Hora:20:00)
Campo: Riazor Polideportiva
06/05/17
Maristas Coruña – UNAMI C.P. (Hora: 18:30)
Campo: Pav. Colexio Maristas
Universidade de Salamanca – Ascensores Tresa (Hora: 20:30)
Campo: Pav. Colexio Maristas
07/05/17
UNAMI C.P. – Universidade de Salamanca(Hora: 10:30)
Campo: Pav. Colexio Maristas
Ascensores Tresa – Maristas Coruña (Hora: 12:30)
Campo:Pav. Colexio Maristas