Fase de Ascenso a Primeira División Feminina: calendario oficial

A Federación Galega de Baloncesto comunica o calendario oficial da Fase Interautonómica de Ascenso a Primeira División Feminina, competición auspiciada pola propia FGB e organizada directamente, nesta edición, polo campión autonómico galego, Calasancias.
O equipo Coruñés acollerá no Pavillón de Riazor, entre o xoves, 16 de maio; e o domingo, 19 de maio; esta fase, a cal pon en xogo unha praza de ascenso á Primeira División Feminina a nivel nacional.

Xunto ao club da cidade herculina, comparecen nesta fase o subcampión galego, E.D. Lourenzá Ensino; así como dous representantes asturianos (C.B. Fodeba, campión desta Comunidade, e G.D. Bosco) e o líder por parte da Federación Cántabra (Grupo Tirso). En total, cinco equipos que competirán divididos en dous grupos que darán acceso ao encontro final.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram