Fase de Ascenso a Liga Feminina 2: Durán Maquinaria Lourenzá a competir a Azpeitia

As lucenses afrontan esta cita o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de maio na localidade vasca de Azpeitia.

Unha única praza de ascenso a Liga Feminina 2 ponse en xogo esta fin de semana en Azpeitia. A este premio a toda a temporada opta o Durán Maquinaria Lourenzá, líder da liga regular de 1º División Feminina no seu Grupo Norte.

Coñecida na tarde do martes a designación por parte da FEB da localidade vasca de Azpeitia como sede para esta Fase Final, no día de hoxe faise público o calendario de xogo, no cal as lucenses veranse as caras con: Zurt Taberna ISB (Azpeitia), DBN Bera Bera (Donostia) e San Isidro (Valladolid)

No documento que se achega remítese o citado calendario de xogo, o cal se presenta baixo o sistema de liguiña “todos contra todos”.

Fase de Ascenso a Liga Feminina 2: calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram