Arxil Mafari Café e Universitario Campus Ourense afrontan como representantes galegos, dende a tarde deste venres, a Fase de Ascenso a 1º División Feminina.
Dita competición, que ten lugar na localidade de Astillero, está organizada directamente pola Federación Cántabra. Á participación galéga nesta terra súmaselle a dos equipos de Asturias, Castilla León e a dos locais da propia Cantabria.
Como campioas e subcampioas autonómicas, respectivamente, pontevedresas e ourensás disputarán no Pavillón da Cantábrica (Astillero) as súas opcións de facerse cunha das dúas prazas de ascenso en xogo.
O debut galego producirase na tarde do venres (20.30 h) da man de Universitario fronte ao vixente campión de Castilla León, “Tierra de Burgos”. Pola súa banda, as xogadoras do Arxil saltarán o sábado a pista para verse as caras ante o asturiano Innobasket.
Remitimos a continuación o calendario completo desta Fase de Ascenso a 1º División Feminina, á que estar ben atentos ata a xornada do domingo, data establecida para as finais:
Grupo A1 Grupo A2
Arxil Mafari Café Tierra de Burgos
Innobasket Ventanas Arsan
Universitario Campus Ourense
10/05/12 – 20:30h
Ventanas Arsan – Tierra de Burgos
11/05/12- 20:30h
Tierra de Burgos – Universitario Campus Ourense
12/05/12 – 16:30h
Arxil Mafari Café – Innobasket
12/05/12 – 18:30h
Ventanas Arsan – Universitario Campus Ourense
13/05/12 – FINAIS
10:30h. 2º Grupo A1 – 2º Grupo A2
12:30h. 1º Grupo A1 – 1ª Grupo A2