Universitario Campus Ourense xa é equipo de 1º División Feminina. As ourensás rubricaron o seu novo estatus gracias ao seu pleno de vitorias na Fase de Ascenso celebrada este venres e sábado, 13 e 14 de maio; en Santander.
As campioas autonómicas competiron por esta praza de ascenso fronte as súas homónimas asturianas e cántabras, sumándose tamén a esta loita o subcampión desta última Comunidade.
Os catro clubs implicados víronse as caras en formato de liga a unha volta, resultando premiado co ascenso un Universitario Campus Ourense que contou con dominio e vitorias os seus tres enfrontamentos.
Dende aquí, enviar os nosos parabéns a todo o equipo e club, así como darlle a benvida á nova categoría para a temporada 2016 – 2017!
Viernes – 13/05/16
(20.30 h) Universitario Campus Ourense – Grupo Tirso (58 – 52)
(21:00 h) SDC Nueva Montaña Dymercke – CB Castrillon (56 – 45)
Sábado – 14/05/16
(10.00 h) CB Castrillon – Universitario Campus Ourense (58 – 68)
(12:00 h) SDC Nueva Montaña Dymercke – Grupo Tirso (50 – 51)
(18.00 h) Universitario Campus Ourense – SDC Nueva Montaña Dymercke (62 – 56)
(20:00 h) Grupo Tirso – CB Castrillon (53 – 45)