A programación 2022 – 2023 dos Cursos de Iniciación para árbitros e oficiais de mesa continúa en marcha!
O Comité Galego de Árbitros (CGAB) mantén activo un calendario de Cursos que neste mes de DECEMBRO oferta unha nova CONVOCATORIA “ON LINE”.
Os cursos PRESENCIAIS estenderase durante un total de NOVE HORAS: SEIS de ambito téorico e TRES de carácter práctico. A formación teórica estenderase durante dúas datas consecutivas, deixando a presencial a marcar unha vez rematen esas dúas xornadas.
O curso ONLINE completará as mesmas horas de carga lectiva, realizando as seis teóricas no indicado formato virtual a distancia a través do Campus de formación “on line” da Federación Galega de Baloncesto.
Durante todo este camiño, o cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un mundo no que o Baloncesto pero tamén a aprendizaxe e as experiencias persoais enriquecedoras son protagonistas.
CONVOCATORIAS
Curso ON LINE
Convocatoria On Line Teórica – 15 e 16/12/22
Fin de prazo de inscrición: 13/12/22
INSCRICIÓN
A inscrición en cada unha destas convocatorias xa está aberta e pode realizarse a través do seguinte FORMULARIO onde xa se especifican todos os pasos a levar a cabo para completar a mesma. O proceso para levar a cabo esta inscrición, a idade mínima para participar no curso, o pago da cota (25 euros por alumno), así como os detalles que dan vida ao Cursos de Iniciación á arbitraxe 2022 – 2023 poden consultarse ao detalle na Guía 2022 – 2023 dos Cursos CGAB.
Así mesmo, para recadar información ao detalle ou dúbidas sobre esta nova programación dos Cursos podes poñerte en contacto vía mail en cursos.online@fegaba.com