Éxito de participación para o Programa de Formación continua do CGAB

O Comité Arbitral de Vigo rubricou este martes un novo éxito de participación para o ciclo de charlas que o CGAB, a cargo do seu Director Técnico, Miguel Ángel Pérez, está a realizar polas diferentes sedes da FGB coa “Mecánica” como eixo temático.

50 foron os colexiados que nesta ocasión se achegaron ata a viguesa “Casa do Deporte” para participar da actividade programada polo Comité. Unha cifra esta que se suma ao notable número de participantes rexistrado nas anteriores convocatorias, iniciadas o pasado 30 de xaneiro: Coruña con 30 persoas, Santiago con 20, Arousa con 22 e Lugo con outras 20.

O elevado índice de asistencia rexistrado en conxunto (142 colexiados en total) leva a satisfacción a todo o CGAB, encabezado polo propio Miguel Ángel Pérez. Para o máximo responsable do Comité é de vital importancia o acadado: “atraer a atención de colexiados de todas as categorías e poder seguir traballando continuamente con eles”.

Con estas boas sensacións, na axenda quedan agora establecidas para o mes de abril as charlas que restan por levarse a cabo, e que corresponden ás Delegacións de Ferrol e Ourense.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram