Éxito das Xornadas de Traballo 3×3 FEB coas Federacións Autonómicas

A Federación Galega de Baloncesto formou parte este mártes e mércores, 21 e 22 de febreiro; das xornadas de traballo técnico 3×3 que a Federación Española de Baloncesto organizou en L’Alquerìa cos representantes técnicos das Federacións Autonómicas. Un punto de encontro para traballar desde a base coincidindo coa concentración da selección masculina 3×3 en Valencia.

(Info: FEB) A FEB convocou aos directores técnicos 3×3 das Federacións Autonómicas cun éxito de participación (estiveron 18 representadas) e co obxectivo de poñer en común coñecementos, inquedanzas e obxectivos para o desenvolvemento da modalidade olímpica. Celebrouse nas instalacións de L’Alquerìa aproveitando a concentración da selección masculina 3×3.

Unhas xornadas nas que o árbitro español con licenza FIBA, Igor Estevez, explicou as grandes liñas das Regras de Xogo 3×3 e os pequenos detalles onde poder sacar vantaxes. O prestixioso Alejandro Vaquera aconsellou exercicios para unha boa preparación física aplicada ao 3×3. E os coordinadores FEB, Ana Junyer e Pedro Meléndez; xunto ao adestrador masculino Raúl Fernández, afondaron na táctica tanto defensiva como ofensiva.

Precisamente algúns dos xogadores da selección xa axudan ás súas Federacións Autonómicas na formación técnica de xogadores, como é o caso José Blázquez coa Federación de Castela a Mancha. Os participantes das Xornadas estiveron tamén en dous adestramentos da selección masculina 3×3 que prepara en Valencia un Lite Quest en Francia e os Xogos Europeos e o Preeuropeo do próximo verán.

Neste 2023 disputarase por primeira vez o Campionato de España 3×3 de Seleccións Autonómicas en categoría U13 e U15, unha das grandes apostas para a expansión do 3×3 tanto en categorías inferiores como no conxunto da xeografía española. Aproveitando o primeiro ano de categoría infantil e cadete, preténdese que os xogadores e xogadoras se inicien na práctica do 3×3.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram