“Estudio Basket FGB”, coas campioas de España Júnior 3×3

A aposta FGB para a súa canle de Youtube “FGBRetransmisións presenta a súa cuarta edición, coa que pecha o pano da temporada 15 – 16. 

Nesta emisión contamos coa visita especial das recentes campioas de España Júnior 3×3 feminino, as xogadoras galegas Esther Castedo, Candela Hermida e Blanca Millán. Xunto a elas, tamén presente a seleccionadora deste equipo, a técnico lucense, Julia Pena.

O sumario desta nova edición de “Estudio Basket FGB” complétase coa entrevista a Antonio Traba, Concelleiro de Deportes do Concello de Marín, entidade que vén de asinar un convenio de colaboración coa FGB.

A campaña de captación de árbitros CGAB ten tamén o seu oco nesta emisión pechando a mesma e animando aos espectadores a interesarse e adentrarse nesta área do noso deporte.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram