Estudiantes Lugo activa o seu “Campus de Tiro”

Estudiantes Lugo pon en marcha un “Campus de Tiro”. Destinado a xogadores federados dende Preminibasket ata Júnior, este novo proxecto dos lucenses correrá a cargo dos adestradores da entidade, sumando o especial reforzo do corpo técnico do C.B. Breogán e de xogadores deste primeiro equipo.

Programado para os vindeiros 11 e 13 de febreiro nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes, os participantes terán a súa disposición todas as ferramentas posibles que lles permitan mellorar a súa mecánica de tiro e compartir, ao mesmo tempo, experiencia con outros compañeiros.

Para inscribirse tan so é preciso facer chegar a documentación requirida ás oficinas do club (en horario de 10:00 h a 14:00 h), sitas no propio Pazo Provincial, ou ben por correo electrónico a estudiantes@estudianteslugo.com

A información completa deste “Campus de Tiro” (horario, prezos e descontos) pode consultarse na web oficial do club http://www.cbbreogan.com/ e no seu blog http://www.elblogdelestu.blogspot.com.es/

“Campus de Tiro. Estudiantes Lugo” – 11 e 13 de febreiro: inscrición.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram