Galicia comparece este mércores nos oitavos de final dos Campionatos de España Júnior grazas ao bo papel na fase previa de Estudiantes de Lugo, Marín Peixegalego, primeiros ambos na clasificación dos seus respectivos grupos, con pleno de vitorias (3), e Compañía de María de Vigo (2 vitorias – 2º clasificación Grupo E).
Os tres equipos afrontan unha rolda, a de oitavos, na que amosar a súa calidade ante os mellores equipos de todo o país, tanto masculinos como femininos.
Fóra desta quenda de oitavos, tras rematar 3º na clasificación do seu grupo na previa, queda o R.C. Celta.
OITAVOS DE FINAL – 16/05/12
(09.00 h) LA SALLE COMASA – ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (69 – 98)
(18.00 h) MARÍN PEIXEGALEGO – BLANCOS DE RUEDA VALLADOLID (62 – 64)
OITAVOS DE FINAL – 16/05/12
(13.00 h) CIA DE MARÍA VIGO- GIRONA FC (51 – 64)
Estatística: La Salle COMASA – Estudiantes Lugo (69 – 98)
Estatística: Marín Peixegalego – Blancos de Rueda Valladolid (62 – 64)