Estudiantes de Lugo e R.C. Celta repiten éxito en Copa Galicia

Estudiantes Lugo Leyma Natura e R.C. Celta, de novo protagonistas no formato Copa Galicia. Ambos os clubs proclamáronse campións do torneo do KO na sua edición Minibasket 2015 – 2016, celebrada en Compostela este sábado 31.

A competición copeira na súa edición “Minibasket” permitiu tanto a lucenses como a viguesas sumar unha cifra máis no actual palmarés da Copa Galicia 15 – 16, o cal dominan con tres títulos cada un: júnior, infantil e o propio mini para Estudiantes; e cadete, infantil e o tamén o recén conquerido mini para as celestes.

Esta indicada vitoria final en ambos casos pon o broche á temporada no que á Copa Galicia se refire, e faino cos seguintes resultados e imaxes:

FASE FINAL – COPA GALICIA MINIBASKET MASCULINA – Galería de Imaxes

Semifinais

(12:30 h) Pio XII Rosalía – Giraldo C.B. Royal (72 – 75)

(12:30 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura – C.B. Tui Teagsa (69 – 63)

3º – 4º posto

(18:30 h) Pio XII Rosalía – C.B. Tui Teagsa (106 – 55)

Final

(18:30 h) Giraldo C.B. Royal – Estudiantes Lugo (69 – 85) 

DSC09484

FASE FINAL – COPA GALICIA MINIBASKET FEMININA  – Galería de Imaxes

Semifinais

(10: 30 h) Peleteiro – Seis do Nadal A (62 – 78)

(10:30 h) La Academia Celta – Pio XII Fedesa (67 – 24)

3º – 4º posto

(16:30 h) Peleteiro – Pio XII Fedesa (53 – 60)

Final

(16:30 h) Seis do Nadal A – La Academia Celta (54 – 68)

DSC09453

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram