Estudiantes de Lugo, cuarto clasificado nun Campionato para o recordo

Derrota para Estudiantes de Lugo na loita polos metais no seu derradeiro encontro no Campionato de España de Clubs Júnior Masculino. O rival nesta derradeira cita, o Real Madrid. En xogo o terceiro posto do podio.

O prezado bronce non puido viaxar ata terras lucenses. O equipo de Alex Polo desputou na mañá deste sábado, ante o Real Madrid, un destacado enfrontamento polo terceiro posto do palmarés final de todo un Campionato de España de clubs. Un partido que non puido asinarse con vitoria (69 – 81 para os da capital madrileña) pero que non impide unha sensación global de satisfacción entre a escuadra lucense e un recoñecemento ao seu traballo e esforzo.

Os xogadores e toda a expedición estudiantil regresan á casa coa cuarta praza baixo o brazo, unha clasificación histórica e que non deixa a ninguén indiferente.

Dende aquí, felicitar ao propio Estudiantes por estar entre os mellores, e aos restantes representantes galegos nestes Campionatos Júnior, feminino e masculino (Marín Peixegalego, Compañía de María de Vigo e RC.Celta), polo seu compromiso.

E sen máis, emplazar a todos os afeccionados á vindeira cita destas características na que será a categoría Cadete a que recolla o protagonismo.

Estatística: Estudiantes – Real Madrid (69 – 81)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram