Estreamos canle de WhatsApp

Toda a información oficial da Federación, así como as imaxes e material audiovisual chegarán aos teléfonos móbiles directamente, sen saír da propia aplicación de WhatsApp.

A Federación Galega de Baloncesto xa ten unha canle oficial en WhatsApp. Activamos este noto xeito de compartir a nosa actualidade de xeito directo, instantáneo e interactivo a través da indicada aplicación de mensaxería.

Para poder recibir as novas mensaxes a través deste sistema unicamente será necesario acceder a SEGUINTE LIGAZÓN e seguirnos. Imprescindible para iso premer no botón seguir. 

Alí vos agardamos!  

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram