As Preseleccións Galegas Cadetes e Infantís inician o seu novo ciclo. A localidade de Marín (Residencia San Narciso) será testemuña esta fin de semana, sábado e domingo, 8 e 9 de setembro; da estrea do proxecto 2018 – 2019.
Coa ilusión e folgos renovados que supón sempre iniciar unha temporada no ámbito dos combinados autonómicos, os catro seleccionadores actuais nestas categorías traballarán coas súas primeiras listas de convocados, e farano en dobre data e con catro sesións diferenciadas de adestramentos.
Tito Díaz (Cadete Masculino), Fernán Varela (cadete feminino), Javier Peinó (Infantil Masculino) e Nacary Rojas (Infantil Feminino), franqueados polo seu cadro de axudantes; darán o seu primeiro paso dunha completa programación, que se estenderá ata xaneiro (data do Campionato de España) e que a continuación detallamos.
PLANIFICACIÓN SELECCIÓNS INFANTÍS e CADETES 2018 – 2019 | ||
SETEMBRO | 8 e 9 | Adestramento |
30 | Adestramento | |
OUTUBRO | 12 – 13 e 14 |
|
NOVEMBRO | 3 e 4 | Torneo |
25 | Adestramento | |
DECEMBRO | 7 a 9 | Torneo |
| 22 e 23 | Adestramento |
| 27 e 28 | Adestramento |
XANEIRO – 2019 | Campionato de España Seleccións Autonómicas |
Preselección Galega Infantil Feminina: 08 e 09/09/18
Preselección Galega Infantil Masculina: 08 e 09/09/18
Preselección Galega Cadete Feminina: 08 e 09/09/18
Preselección Galega Cadete Masculina: 08 e 09/09/18
Seleccións Galegas 2018 – 2019: Programación