Estrea da Formación en Iniciación para Adestradores 2021 – 2022

Dúas primeiras convocatorias de Cursos nas zonais FGB de Arousa e Ourense, programados para realizarse entre os vindeiros días 3 e 5 de setembro, abren o presente ciclo didáctico neste estadío formativo.

A posibilidade de inscribirse nestes dous primeiros cursos manterase aberta ata o vindeiro día dous de setembro coas seguintes características:
Delegación Arousa
Sede: Vilagarcía (Pavillón Castelao)
Datas: 3, 4 e 5 de setembro 2021.

Delegación Ourense
Sede: Ourense (Colexio Salesianos)
Datas: 3, 4 e 5 de setembro 2021.

Os trámites para realizar a inscrición deben cumprirse na seguinte orde:
1. Execución do pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío vía mail á delegación correspondente do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición

Normativa 2021 – 2022
A temporada 2021 – 2022 contempla una renovada normativa para os Cursos de Iniciación, aplicable xa nestas dúas primeiras convocatorias, e recollida nun documento que xa se pode consultar.

Formulario de Inscrición – Cursos de Iniciación 2021 – 2022
Cursos de Iniciación Adestradores: Normativa 2021 – 2022

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram