Establecimientos Otero e Estudiantes Lugo Leyma Natura, finalistas para a Copa Galicia EBA

Establecimientos Otero e Estudiantes Lugo Leyma Natura protagonizarán este sábado, 20 de outubro, a final da última Copa Galicia Sénior por disputar nesta 2012 – 2013: a Copa Galicia EBA.

Tras unha fin de semana na que se completou a terceira e derradeira xornada da Fase Previa desta competición, a clasificación da mesma déixaos como líderes de cada grupo e, como tal, merecedores, de pleno dereito, do status de finalistas.

Ambos os dous equipos, inéditos no palmarés de Copa Galicia en categoría EBA, están citados agora a comparecer ás 18.00 h deste sábado, 20 de outubro, para dar vida a este encontro decisivo, a celebrar, precisamente, en Cambados (Pavillón do Pombal)

Establecimientos Otero actuará así como o anfitrión dunha final, aperitivo perfecto antes do inminente inicio liguero, e á que os dous equipos chegan tras colleitar un bagaxe positiva na fase previa, contando por vitorias cada unha das súas intervencións en pista.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram