Establecimientos Otero, Campión da Copa Galicia EBA

Establecimientos Otero derrotou esta tarde de sábado a Estudiantes Lugo Leyma Natura no encontro Final da Copa Galicia EBA na súa edición de 2012. O equipo de Cambados, xa campión, actuou á súa vez como anfitrión neste encontro decisivo, celebrado no Pavillón do Pombal.

A continuación remitimos estatísticas da final, pechada cun axustado tenteo (64 – 61) e co ala-pívot dos locais, Norman Rey, elixido como MVP do encontro. Súa foi a sorte de recoller un agasallo cortesía de “la Caixa” por este recoñecemento como o mellor xogador da final.

0445337001350899255-o-presindente-fgb-francisco-martin-entregou-a-sua-copa-a-yago-casal-adestrador-de-establecimientos-otero 0092777001350899304-o-alcalde-de-cambados-luis-aragunde-fixo-entrega-da-copa-de-subcampion-a-estudiantes

 Francisco Martín, presidente FGB; e Luis Aragunde, rexedor local, fixeron entega das copas a Cambados e Estudiantes Lugo, respectivamente.

Establecimientos Otero – Estudiantes Lugo Leyma Natura (64- 61)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram