Espectacular día con Fernando Romay e o Road Show 2014 en Pontevedra

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

(Info: Area Comunicación FEB) Acompañados por un espléndido sol que bañaba a praza de España de Pontevedra, Fernando Romay e o Road Show 2014 fixeron as delicias de nenos e pais na primeira das tres xornadas que o tour itinerante da Copa do Mundo 2014 estará nesta cidade galega coa colaboración de Vodafone e Sanitas.

Un sol de xustiza presidiu a chegada de Fernando Romay e o Road Show 2014 á praza de España de Pontevedra, onde lle esperaban máis de 40 mozos e mozas dos clubs Estudiantes Pontevedra e CB Arxil para participar nun Clínic de Tiro coa colaboración de Vodafone. 

O pívot internacional español volvía á súa terra e gozou de xeito abondo cos máis pequenos, pero tamén cos maiores, xa que despois do clinic tivo lugar un concurso para pais e fillos.

O Road Show 2014 permanecerá en Pontevedra ata o vindeiro luns. Mañá domingo Fernando Romay volverá repetir Clínic de Tiro, aínda que nesta ocasión estará a lenda do baloncesto español estará acompañado por Ana Rosa Fernández Martín, Directora Médico Provincial de Sanitas en Galicia, que impartirá unha charla sobre hábitos de alimentación saudables para a práctica deportiva.

E o luns, último día de estancia do Road Show en Pontevedra, instalaranse 32 pistas de xogo para dar cabida ao “Día do Baloncesto 3×3 na Rúa”, organizado polo C.B. Arxil e no que se reunirán 1.080 escolares xunto a 75 profesores e 50 voluntarios. O torneo disputarase de 9.50 h a 13.10 h, pero á súa vez o camión do Road Show seguirá aberto para todos os visitantes e tamén contará coa presenza de Fernando Romay, que en está ocasión asinará autógrafos e farase fotografías cos afeccionados.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram