España U20 Feminina vístese de ouro

Foto: FEB

Foto: FEB

A Selección Española Feminina U20 asinou este domingo, 15 de xullo; un novo éxito para a historia. Da man do seu técnico, o vigués Miguel Méndez, o combinado nacional nesta categoría conqueriu o ouro no Campionato de Europa, afianzando así o xogo e o liderazgo amosado durante toda a competición, celebrada en Hungría dende o pasado día sete.

Este trunfo dourado na final, desputada ante Serbia (69 – 50); supón a cuarta medalla de ouro consecutiva de España nesta categoría e reflicte un paso máis na exitosa carreira de xogadoras e corpo técnico, equipo no que ademáis do propio Miguel Méndez; a presenza galega veu da man de Paula Ginzo e o preparador Físico, Mario Muñoz.

A todos eles, e en especial, por suposto; aos galegos desta expedición tinguida xa de ouro, enviámoslles as nosas felicitacións e agradecemento por amosar, unha vez máis, todo o potencial do basket nacional.

Crónica FEB: 69-50 | Nadie puede con una España de oro

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram