España U16 Feminina: acento galego na preparación do Europeo

(Foto:FEB)

(Foto:FEB)

A Selección Española Feminina U16 prepara dende o luns, 7 de xullo, unha cita de auténtico nivel competitivo, o Europeo da categoría a celebrar en Debrecen (Hungría) entre o 31 de xullo e 10 de agosto.

Coa súa sede de operacións previas a súa viaxe por Europa establecida en Aragón, o combinado U16 traballa ás ordes do técnico catalán Andreu Bou e coa presenza, especial para o baloncesto galego, dun total de sete representantes, cifra récord para a nosa Comunidade Autónoma.

Galicia faise sentir nesta Selección en diferentes apartados e sempre co compromiso que todo un Europeo require.
Na pista contaremos co talento de catro xogadoras xa coñecedoras do ámbito FEB e todas elas activas nas Seleccións Galegas ao longo da súa traxectoria: Paloma González (Celta de Vigo), Blanca Millán (Peleteiro), Paula Ginzo (Siglo XXI) e Paula Valiño (Carmelitas).

As catro forman parte dunha Selección que será o rival a bater no Europeo e que, de saída, comparecerá no grupo B acompañada por Croacia, Serbia e a anfitrioa, Hungría.

Parcela técnica
Neste reto europeo achegan tamén a súa experiencia tres galegos máis: Pepe Váquez, como adestrador Axudante; Jose Durán, na tarefa de Preparador Físico; e Lucía González, na labor de delegada.

Tanto Pepe Vázquez, que ven de firmar unha gran temporada no seu debuten LF ao fronte de Beroil Ciudad de Burgos ; como José Duran, avalado por catro ouros e unha prata en seleccións de formación FEB; e Lucía González, que repite papel de delegada en FEB; son peza clave na labor do cadro técnico nacional para esta apaixoante competición continental.

Dossier U16 Femenina FEB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram