Esgotadas as entradas para o España – Arxentina

A Federación Galega de Baloncesto comunica que xa non dispón de entradas á venda para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán este mesmo venres no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira “Ruta Ñ” da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

Tras un elevado e continuo ritmo de demanda, na mañá deste martes esgotáronse o total de entradas que aínda estaban a disposición dos afeccionados a través da FGB. Dende aquí, agradecer a todos os interesados en facerse coas entradas e desexar que os afeccionados que teñan a oportunidade de acudir ao encontro desfruten do espectáculo do mellor Baloncesto Internacional

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram