EricSports, tecnoloxía a prol da arbitraxe galega

Traballo man a man do noso Comité Galego de Árbitros con EricSports. 

Por segunda temporada consecutiva, a Federación Galega de Baloncesto, a través do Comité de Árbitros; conta cos servizos da empresa tecnolóxica EricSports aplicados á área da formación e transparencia arbitral.

A implementación do seu sistema 1REF nas dinámicas de avaliación técnica do CGAB permítennos mellorar estas, empregando avanzados informes baseados nas principais competicións FGB.

O Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, detállanos sobre o terreo, a metodoloxía de traballo que ERIC facilita.

EricSports
EricSports, provedor oficial de tecnoloxía do sistema de arbitraxe da FIBA, é unha empresa punteira con sede en Barcelona e con 16 anos de experiencia ofrecendo sistemas, solucións e axudas para a dixitalización no sector deportivo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram