Inscricións oficiais: 1ª División Masculina, 1ª División Autonómica Feminina, 2ª División Sénior Masculina e 1ª División Júnior, Cadete e Infantil

Rematado o prazo de inscrición este mércores, 30 de xullo; a FGB comunica, vía circular oficial, os listados de equipos que presentaron a súa solicitude nas categorías de: 1ª División Masculina, 1ª División Autonómica Feminina, 2ª División Sénior Masculina e 1ª División Júnior, Cadete, e Infantil masculinas e femininas.

Así mesmo, esta Federación notifica a cifra de prazas vacantes rexistradas en cada unha desas competicións e a referencia dos equipos cuxa documentación permanece incompleta.

Nas circulares 11 e 12, emitidas este xoves, 31 de xullo; dáse conta desta información ao completo. Ambas poden consultarse xa no apartado Circulares desta mesma web ou nos escritos que a continuación se achegan.

Nº 11: 31/07/14 – Inscricións Equipos: 1º División Masculina, 1º Autonómica Feminina e 2º División Masculina
Nº 12: 31/07/14 – Inscricións Equipos: 1º División Júnior, 1º División Cadete e 1º División Infantil

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram