Entrega do premio ao creador da Postal de Nadal da FGB

Álvaro Campos García Celay, xogador mini do C.B. Defensores do Morrazo e vencedor do III Certame de deseño “O Nadal e o Baloncesto”, recibiu na tarde deste xoves o seu galardón, e fíxoo de mans do Vicepresidente Primeiro da FGB, Alberte Zato; e do Director Executivo da Delegación en Vigo, José Luis Pérez.

Álvaro, que acadou o primeiro premio do certame de Nadal da FGB grazas á súa creación “Tamén no Nadal estamos contigo”, desprazouse ata a sede da Delegación en Vigo da FGB para, en primeira persoa, obter o seu merecido agasallo, a maiores de ser o autor da postal oficial de Nadal da Federación Galega de Baloncesto.

Neste acto de entrega e recoñecemento ao seu bo facer, Álvaro recibiu un bono valorado en 100 euros para material deportivo e un televisor SAMSUNG 19″ CLASS. 450 Series. LCD HDTV, cortesía de “la Caixa”.

0602949001356688875-jose-luis-perez-alvaro-garcia-e-alberte-zato

0892637001356688836-

O xogador, ilusionado e agradecido co seu galardón, recolleu tamén as felicitacións do Vicepresidente Primeiro e do Responsable da Zonal Viguesa. Tanto Alberte Zato como José Luis Pérez valoraron o seu traballo e creatividade e animárono a seguir disfrutando do Baloncesto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram