
– As lucenses impuxéronse a Martínez Otero nun vespertino encontro desputado este domingo.
– O alcalde e o edil de Deportes do Concello de O Cervo fixeron entrega das medallas e os trofeos.
A Delegación en Lugo da FGB celebrou este domingo unha nova fase final das súas competicións de Deporte Escolar, reunindo neste caso aos catro mellores equipos da provincia segundo a clasificación da categoría infantil feminina: Ensino, Martínez Otero, Lourenzá e Maria Auxiliadora.
Estes catro clubs deron vida á citada Fase, competición que se estendeu durante todo o día e, mentres pola mañá se xogaban as semifinais, pola tarde disputábanse os partidos decisivos. Ás 16:30 h empezaba o encontro no que se decidiu o terceiro o cuarto posto e máis tarde, ás 18:00 horas, daba inicio a final entre o Ensino e o Martínez Otero.
O Pavillón de A Veiga foi o encargado de acoller o enfrontamento final, no que as xogadoras do Ensino resultaron campioas tras desfacerse das focenses do Martínez Otero cun resultado de 60 – 38. Pola súa banda, na mesma pista, Lourenzá Mondoñedo e María Auxiliadora protagonizaron un igualado duelo polo terceiro e cuarto posto, pechado cun 29-24 a favor do equipo mariñán.
Deste xeito, a clasificación final rexistrouse nesta orde:
1º Ensino de Lugo
2º Martínez Otero de Foz
3º Lourenzá Mondoñedo
4º María Auxiliadora de Lugo
Jose Ramón Soto, Patricia Rico e Pablo Fernández, na entrega da Copa de Subcampión
Apoio das institucións
Para as xogadoras de Ensino e Martínez Otero o recoñecemento aos seus trunfos chegou tamén en forma de trofeos e medallas, nunha entrega na que se contou coa participación do propio alcalde de Cervo, Alfonso Villares; do seu edil de Deportes, José Ramón Soto; e o xefe coordinador da área de Mar para a Mariña e Ortegal, representante da Xunta de Galicia neste acto, Pablo Fernández Asensio. Xunto a eles e ás xogadoras campioas e subcampioas, estivo a Delegada da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico.
Os catro equipos pecharon a xornada coa tradicional foto de grupo