A Federación Galega de Baloncesto únese a Secretaría Xeral para o Deporte de cara a colaborar nos traballos de investigación que o organismo oficial do Deporte Galego está a realizar para avaliar a experiencia do uso da máscara no ámbito deportivo, tanto nos adestramentos como na competición oficial.
Esta tarefa de estudo, na que a Secretaría Xeral conta coa colaboración non só da FGB, senón tamén das restantes Federacións Deportivas galegas; articúlase, en parte, a modo de ENQUISA dirixida á totalidade dos deportistas federados. A mesma, é punto e importante do indicado traballo de investigación sobre a máscara na realidade actual do Deporte Galego e, aínda que se trata dun cuestionario de carácter voluntario e anónimo, cobra moito valor a participación de todos os federados, convidando de xeito especial aos pais, nais e titores dos xogadores menores de idade para que os animen a realizalo.
As respostas a esta enquisa só se procesarán para o obxectivo da investigación indicada, pero ante calquera dúbida sobre o proceso, desde a Secretaría Xeral permanecerá aberta vía de contacto a través de email: cuestionarios.deporte.galego@gmail.com
Animándovos a participación, e agradecendo de antemán a vosa colaboración, aquí deixamos a ligazón directa ao indicado cuestionario: ENQUISA