Enquisa FGB: resultados

Recentemente enviamos a todos os clubs de baloncesto da nosa Comunidade Autónoma unha enquisa na que se incluían unha serie de preguntas que versaban sobre o funcionamento administrativo da Federación, así como sobre as súas actuais competicións.
Fixemos chegar esta sondaxe a un total de 189 clubs. Desta cifra, obtivemos un total de 59 respostas, o que representa un 30%.

En primeiro lugar queremos facer chegar o noso agradecemento a eses 59 clubs que nos enviaron a súa resposta e con iso o seu interese e inquietude. A súa colaboración permitiunos coñecer as súas preocupacións en directo e dun xeito máis profundo. As súas impresións permítennos comprender os seus problemas, aos que non somos alleos, e facer unha valoración dos mesmos para tomar as decisións máis acordes a aquilo que nos aconsellan.

Para continuar facéndolles partícipes deste proceso achegámoslles hoxe o resultado desta enquisa, a cal recordemos que é a primeira vez que leva a cabo desde esta Federación.

Gustaríanos que fora a totalidade de clubs os que participasen na mesma, pero estamos orgullosos daqueles que finalmente o fixeron, aos que amosamos de novo o noso agradecemento e respecto. Demostráronnos a súa absoluta implicación para coa mellora do noso deporte.

Nesta mesma liña, non queremos deixar de agradecer o traballo realizado como artífice desta sondaxe polo noso Vice-Presidente Primeiro, Alberte Zato; Grazas ao seu traballo podemos ter hoxe día un coñecemento franco e espontáneo de todo aquilo que rodea ao noso deporte.A continuación, achegamos un completo documento cos resultados da enquisa e outro coa relación de clubs que participaron na mesma.

Resultados da Enquisa FGB
Relación de clubs participantes

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram