Endesa e o Blusens Monbus e a Actitude Azul do CB Vilagarcía de Arousa

O CB Vilagarcía quedou segundo entre un centenar de candidaturas no concurso de Endesa cuxo primeiro premio era a construción dunha cancha de baloncesto.

A Federación Galega de Baloncesto quere, dende aquí, felicitar ao club galego pola súa boa traxectoria neste concurso e polo seu traballo en prol de mellorar e facer crecer ao Baloncesto na súa zona. 

(ACB.COM) O Club Baloncesto Vilagarcía de Arousa, finalista do premio “Actitud Azul” recibiu na mañá do pasado venres, 9 de marzo, unha placa conmemorativa, así como material deportivo da Liga Endesa pola súa participación neste concurso. No acto de entrega participaron o director territorial de Endesa, Francisco Aréchaga, o adestrador do Blusens Monbus, Moncho Fernández, e os seus xogadores, que quixeron arroupar aos arousáns e animalos a ter éxitos.

O director territorial de Endesa agradeceu ao CB Vilagarcía de Arousa a súa participación no concurso e o seu determinación por demostrar os valores de Actitude Azul: eficiencia, solidariedade e respecto polo medioambiente.

O CB Vilagarcía de Arousa logrou alcanzar 4.389 votos, quedando só por detrás de Gordexola, localidade do País Vasco, que acumulou 7.684 apoios. O concurso estaba dirixido a premiar a mellor iniciativa de interese social, e o club arousán propuxo a mellora de instalacións para promover o baloncesto entre a poboación xuvenil.O certame constou dunha primeira parte, de novembro a decembro do 2011, na que se expuxeron as candidaturas.

Un xurado formado por Endesa e a Asociación de Clubs de Baloncesto seleccionou dez localidades entre o centenar que se presentaron. A partir de entón, realizouse un concurso por popularidade nas redes sociais, que se pechou o 15 de xaneiro, e no que os tres finalistas quedaron segundo a seguinte orde: Gordexola, Vilagarcía de Arousa e San Miguel de las Dueñas. O premio para o gañador foi a construción dunha pista regulamentaria de baloncesto con alumado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram