Oportunidade formativa de excepción para os árbitros e oficiais do Comité Galego de árbitros a que temos esta tarde de venres, 31 de xaneiro; en Lugo.
A colexiada ACB e Internacional FIBA e todo un exemplo de traballo e traxectoria, Esperanza Mendoza; estará nas instalación da UNED Lugo (19.20 h) da tarde para compartir cos árbitros e oficiais galegos todas as cuestión técnicas e experiencias en torno a arbitraxe que eles mesmos lle presenten ou planteen.
O Comité Zonal Lucense organiza esta actividade aproveitando a presenza de Esperanza en Galicia co motivo da súa designación para o encontró ACB que enfrontará este sábado (18.00 h) a Monbus Obradoiro co BAXI Manresa. Por este motivo, e como ocasión especial que é, convida a todos os árbitros e oficiais galegos a se achegar ata a cidade da muralla e desfrutar dun encontro de aprendizaxe para todos.