Encontro coa Secretaría Xeral para o Deporte coa nova directiva FGB

O Secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete; recibiu esta mañá en Vigo ao novo equipo directivo FGB, encabezado polo seu Presidente, Julio Bernárdez.

No primeiro encontro oficial co Secretario Xeral coa nova presidencia tras a toma de posesión o pasado 16 de febreiro; abordáronse as liñas mutuas de traballo, presentes e futuras; así como as demandas e propostas federativas en diferentes ámbitos para este novo ciclo.

Bernárdez, que estivo acompañado nesta toma de contacto coa Secretaría pola Vicepresidenta 3º, Susana García; a Secretaria Xeral, Susana Fiuza; e o noso Delegado en Vigo, Fernando Pérez: amosou o seu agradecemento ao  Secretario Xeral, e ao seu xefe de Servizo Provincial, Daniel Benavides; por unha recepción ten cordial e con perspectivas de futuro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram