Chega o momento para a categoría infantil. Tras a celebración dos Campionatos de España Júniors e Cadetes, os xogadores e xogadoras de entre 13 e 14 anos de idade convértense desde este domingo, 17 de xuño, nos derradeiros protagonistas dos Nacionais de clubs
Con Peleteiro e Carmelitas Ingatel en feminino, e Novacaixagalicia Rosalía e Salesianos COB en masculino, os galegos afrontan unha cita á que se chega co bo sabor de boca deixado polo cuarto posto júnior masculino do Estudiantes de Lugo e o Subcampionato Cadete para Marín Peixegalego.
Lanzarote (feminino) e Vecindario (masculino) servirán de sede para os Campionatos, que pechan definitivamente temporada no que á competición oficial de clubs se refire.
Resultados Galegos – 1º Xornada
XXXIII Campionato de España Clubs Infantil Masculino – 1º xornada (17/06/12)
GRUPO D – Pavillón La Unión
(13.00 h) Novacaixagalicia Rosalía – San Antonio Cáceres Básket (84 – 87)
(16.00 h) Cajasol – Sant Josep “A” (103 – 58)
GRUPO E – Pavillón Los LLanos
(10.00 h) CB UCA Gestoria M. Villaseñor – Unicaja (21 – 71)
(12.00 h) COB Salesianos – Fuenlabrada CB (51 – 62)
XVIII Campionato de España Clubs Infantil Feminina – 1º xornada (17/06/12)
GRUPO B – Pavillón Municipal de Titerroy
(18.00 h) Clavijo – Peleteiro (72 – 60)
(20.00 h) San Josep – Girona FC (62 – 77)
GRUPO D – Pavillón Municipal de Teguise
(16.00 h) Carmelitas Ingatel – CBF CABO Mar “A” (82 – 56)
(11.00 h) EM Piélagos – Náutico La Salle (46 – 80)
XVIII Campionato de España Clubs Infantil Feminino: calendario completo
XXXIII Campionato de España Clubs Infantil Masculino: calendario completo
Peleteiro
Carmelitas Ingatel
COB Salesianos A
Novacaixagalicia Rosalía