Universitario Ferrol, R.C. Celta Selmark, C.B. Arxil e Durán Maquinaria Ensino buscarán esta mesma tarde de venres, 10 de outubro, un oco na final da presente edición desta Copa Galicia. Os catro equipos están citados a comparecer en Ferrol (Pavillón de Esteiro) para despregar na pista as súas opcións de xogo neste inicio de temporada cun sempre interesante título en xogo.
A cidade departamental, da man do propio Universitario Ferrol e do Concello de Ferrol, acolle estas semifinais a partir das 18:30 h, iniciando a tarde de baloncesto o primeiro encontro protagonizado por Durán Maquinaria Ensino e C.B. Arxil. Posteriormente, no partido marcado para as 20:30 h sairán a pista Universitario Ferrol e R.C. Celta.
Os catro equipos terán ante sí unha oportunidade maís de ampliar, ou estrear no caso do C.B. Arxil, o seu palmarés particular no que á Copa Galicia Sénior se refire. En cifras e sobre o papel, domina o R.C Celta con 12 copas autonómicas nas súas vitrinas, seguido de Universitario Ferrol, campión na pasada edición, e Ensino cun trunfo no ano 2006. (Copa Galicia: Palmarés Global)
O plan de xogo para esta tarde, designación arbitrais incluídas, preséntase así:
DURÁN MAQUINARIA ENSINO – C.B. ARXIL Hora: 18:30
Campo: PAV.MUNICIPAL ESTEIRO
Árbitro 1: DOMINGUEZ PORTAS, DIEGO Árbitro 2: LEMA PARGA, PAULA
UNIVERSITARIO FERROL – RC CELTA SELMARK Hora: 20:30
Campo: PAV. MUNICIPAL ESTEIRO
Árbitro 1: MARTIN VAZQUEZ, CRISTIAN Árbitro 2: GARCIA FERNANDEZ, CRISTINA
Salientar que os catro colexiados designados para esta Fase Final aproveitarán a súa estancia en Ferrol para traballar cuestións técnicas. De xeito paralelo á competición, e acompañados polo Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez; e o Coordinador Autonómico Arbitral, Fran Guillamet, afondarán na súa actuación en cada partido, empregando para esta análise o preciso material audiovisual.
Horarios: xornada Final
Unha vez coñezamos aos dous semifinalistas o foco de atención trasladarase á xornada do sábado 11, data na que terá lugar a final, programada para ás 19:30 h. Previamente, vivirase no mesmo Pavillón de Esteiro a Final da Copa Galicia EBA (17:00 h), cita da que xa contamos cos contendentes: Baloncesto Narón e Santo Domingo de Betanzos.