Elisa Aguilar, Presidenta FEB visita hoxe Galicia

Acompañada do Secretario xeral FEB, Gabriel Rodríguez; do Presidente FGB, Julio Bernárdez; e o seu equipo directivo; a nova Presidenta FEB abriu da man do Alcalde Vigo, Abel Caballero; unha xornada de reunións de traballo e visitas institucionais.

Caballero agradeceu a visita da Presidenta, considerándoa “un evento da maior importancia” para Vigo e o para o seu Baloncesto, deporte que, para o rexedor vigués, merece un “gran proxecto de expansión” na cidade olívica.

A Presidenta FEB recolleu o seu agradecemento e sinalou a grata acollida que, tanto á súa persoa como a toda a FEB, lles brinda sempre Vigo e a súa afección. Como exemplo deste cariño, Elisa destacou a recente presenza da Selección Feminina na cidade. Nesta liña, manifestou as gañas de todo o equipo de Miguel Méndez por poder regresar nun futuro a Vigo, e as da propia FEB por traballar para ter a posibilidade de facelo tamén coa Selección Masculina.

Finalmente, a Presidenta destacou tamén o apoio do Presidente FGB, Julio Bernárdez; ao que recoñeceu como “un gran socio” no marco da Federación e no impulso do Baloncesto. Rematou indicando que “ter a Galicia sempre cerca é para a FEB moi importante”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram