A Estrada, “Capital Galega do Minibasket”, vive o seu fin de semana grande coas Fases Finais Mini e Premini

Este sábado e domingo, 1 e 2 de xuño; os Pavillóns Manuel Coto Ferreiro e CEIP Figueroa volverán a ser escenario das Fases Finais FGB das Ligas Minibasket e Preminibasket.

Nesta 2023 – 2024, a rolda final da competición en ambas as categorías regresa á Estrada por undécima ocasión, referendando un ano máis á localidade como a Capital Galega do Minibasket

Chega ese momento da temporada no que o Concello de A Estrada convértese por méritos propios no epicentro do Minibasket e Preminibasket Galegos. Grazas á colaboración e apoio directo do Concello, e o EDM Estradense, os 44 partidos que comprenden estas Fases Finais encheran a Estrada de Deporte e dos seus valores engadidos.

O Alcalde da Estrada, Gonzalo Louzau; o Presidente FGB, Julio Bernárdez; e Alfonso Sanmartín, Presidente do EDM Estradense; presentaron esta tarde as Fases Finais FGB Minibasket e Preminibasket, competición que terá lugar no Concello da Estrada esta fin de semana.

Os tres compartiron os detalles e características dunha cita que reunirá a un total de 44 equipos (16 preminis e 28 minis) que competirán polo título de campións galegos.

O Alcalde de A Estrada, Gonzalo Louzau; recoñeceu a importancia de chegar á undécima edición desta Fase Final FGB, un evento que sitúa de novo á A Estrada como a “Capital do Deporte en Galicia”, feito que é posible grazas a unhas “instalacións públicas municipais de primeiro nivel”. 

O Presidente FGB, Julio Bernárdez; manifestou a súa satisfacción por regresar coas Fases Finais a A Estrada, “un centro xa fundamental para o desenvolvemento do Baloncesto en Galicia”. 

Bernárdez remarcou tamén o agradecemento ao Alcalde, ao departamento técnico de Deportes do Concello, e ao Club local, “pezas imprescindibles” para facer isto posible. 

O mandatario federativo instou tamén a desfrutar da fin de semana de baloncesto cun bo comportamento por parte de todos. “O Baloncesto – incidiu – é cultura, educación, ética e valores” e, nesta liña, a Federación Galega de Baloncesto “velará por que os únicos protagonistas sexan os xogadores e xogadoras sobre a cancha”. 

Alfonso San Martín pechou a presentación convidando a todos os afeccionados a achegarse aos Pavillóns e desfrutar de ambas a xornadas de xogo e da “acollida e cordialidade que sempre brindan dende o club”.

A competición 

Un total de 660 participantes reuniranse nas pistas dos Pavillóns Manuel Coto Ferreiro e CEIP Figueroa. A competición porase en marcha o sábado a partir das 9:30 horas e estenderase ata as FINAIS do domingo. Estas disputaranse en horario de tarde e en directo vía FEGABA TV. 

Os equipos clasificados, así como o calendario completo de cada categoría, están xa dispoñibles en web e APP.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram